top of page

O punto de partida deste seminario xurde co propósito de aunar dúas realidades ben distintas pero igual de importantes para un docente de hoxe en día.
O que se pretende por un lado é formar ao profesorado nunha serie de ferramentas Tic útiles para o seu traballo diario de aula.
Dentro de este traballo de aula, unha ferramenta que ten unha gran presencia e tamén unha gran importancia de cara á comunicación con toda a comunidade educativa é o Blog.
No noso centro cada ciclo ten un Blog onde plasmar as actividades máis representativas do seu día a día na escola. Os problemas apararecen cando non somos capaces de subir un documento determinado, ou cando non somos capaces de facer unha presentación vistosa de fotos, ou cando queremos que os alumnos/ as participen cunha enquisa das súas inquedanzas e non somos quen de integralo no Blog.
Na outra banda aparece a reciclaxe e a reutilización de mateirais.

​

Neste curso escolar o centro ten como un dos principais obxectivos facer fincapé na importancia da reutilización de recursos, máis ainda, tendo en conta a situación económica na que nos atopamos.
É por iso que se pretende que todos os membros do seminario participen con ideas e iniciativas que fomenten esta laboura.

Unha vez que as dúas ideas pricipais do seminario están plantexadas só queda a tarefa de unilas. Para facelo elaboraremos un Blog no que iremos deixando constancia dos pasos que se seguiron en cada unha das actuacións de reciclaxe, subindo plantillas, bocetos, fotografías, vídeos,...
Mediante a publicación desta información traballaremos cada unha das ferramentas que nos van a resultar de gran utilidade despois na nosa aula.

bottom of page